(Agradece-se subscrición á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis. Fonte imaxe: Arq. Pepe Temprano (recop. Dubi Baamonde) Aparecen Miguel Anxo López Paradela á esquerda e Pepito Temprano á dereita)
Poñemos hoxe aqui um aperitivo do que será unha entrada mais longa, co encontro histórico dos membros do cuarteto “Brisas da Cruña” na homenaxe histórica oferecida por Cántigas da Terra no pasado sábado 22 de Setembro de 2018.
Aqui aparece un preludio do que co tempo acabarían por seren os Brisas, neste caso aparecen o Miguel Paradela e o Pepito Temprano no grupo Eidos a paparen con apetite desmedido o que parece ser un bon churrasco…Miguel Paradela e Pepito Temprano en realidade, nunca chegaron a empastar completamente polo que non acabaron por consolidar como cuarteto. Miguel buscou a sua alma xémea co grande Xosé Casal (en realidade é un home ben pequeno), formando-se ao fin os Brisas da Cruña…
Ainda que con diferentes mudanzas, a formación mais recoñecida dos Brisas, a que empastou e consolidou o mítico cuarteto nas gravacións históricas son:
Manolito Ambite: para nós o mais grande tamborileiro que hoxe existe na Galiza. Fillo do gaiteiro Enrique Ambite.
Miguel Anxo López Paradela: Gaiteiro con maiúsculas tanto en fechado como en aberto, sobriño materno do grande Francisco “Farruco” Paradela “o vello”
Xosé Casal: home de carácter cunha sensibilidade especial. Polifacético artista. Pintor, compositor, gaiteiro, sanfonista, gravador, director de corais…
Antón Ambite: A elegancia no bombo. Irmán de Manolito e fillo tamén de Enrique Ambite.
Pouco e pouco, Xosé Casal foi-no deixando e os fillos de Manolito (Héctor, Ismael) e de Paradela (Roberto, Miguel e Oscar) que van aprendendo dos seus pais incorporaron-se ao cuarteto, até que praticamente cesa na súa atividade a fins da década de 90.
Neste video, aparecen quentando motores antes de actuar na sua própria homenaxe. Neste caso os que aparecen tocando, en plena forma son:
Miguel Anxo López Paradela (gaita)
Manolito Ambite (neste caso na pandeireta)
Héctor Ambite (gaita)
Ismael Ambite (tambor)
Poremos mais videos deles…Que vivan os Brisas da Cruña. Son xa muitos quilómetros de Alvoradas… Veñaaaaaa gaiteiroooos!
Un grande abrazo
Paradela, o meu primeiro profesor de gaita.
Simplemente decir que cuando Xose Casal dejó Brisas, efectivamente los hijos de Manolo se incorporaron al grupo, pero mis tres hijos Roberto, Miguel y Oscar, también se incorporaron. Formamos el Grupo de gaitas Brisas da Cruña. Entre Manolo Ambite y yo los enseñamos y los formamos. Por otro lado Temprano nunca tocó en el grupo Brisas, pero si fue compañero mío en el grupo Eidos. A veces, cuando coincidiamos nos juntabamos y tocabamos juntos Os Tempranos de Eiris y Brisas da cruña….cuando eramos cuarteto.
Muitas grazas Miguel Anxo pola túa aclaración que enriquece enormemente esta entrada do blogue. Seguimos moi atentamente o teu desde hai anos. Post correxido e aumentado…Quixemos incorporar esa foto na que apareces con Pepito por vella e simpática (e dado o seu atual estado) Un abrazo!