(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis. Fonte da entrada: Os Tempranos de Eirís. A Cruña, atuando na praza de touros. Con Xosé Temprano, Francisco Paradela, Fernando Álvarez e Juan Lesta. Os mesmos que gravarían para Alan Lomax en Palma de Mallorca. Arq. Temprano Colecc. Dubi Baamonde)
Poñemos hoxe un video onde aparece o tensado dun tambor con varas de ferro, grazas a atención do noso colaborador do Trisquel de Vicente. Tamén poñemos varias fotografías con diferentes tipoloxías e tensados de tamborís galegos e portugueses. Podemos tensar o tambor a man ou con métodos mecánicos. Existen tamén inúmeras maneiras de atados e tensados: cruzados, descruzados, por riba (mais moderno), por baixo (mais antigo)… e utilización de múltiplos nudos para manter e reforzar a tensión. Aínda que hoxe tendeu-se cara unha certa estandarización, en tambores antigos existiu unha enorme variedade de atados e nudos diferentes, que amostran ás claras a riqueza da percusión tradicional neste ámbito, que non deberíamos perder.
Ramplan-parramplan-plan-plan!
Un grande abrazo









Deixa unha resposta