
Aí os están! O folión de Chandrexa toca un padrón rítmico complexo que o identifica como tal. Tocan con tantas gañas, que ao cabo dun tempo as peles dos bombos fican tinxidas de cor vermella, co sangue dos tocadores. Non se trata dun ritmo amalgamado que se poda analisar facilmente através de varios compasos. Trata-se mais ben, dunha clara unidade rítmica. Un padrón rítmico conxunto que se corresponde e que adquire significado unicamente cando está completo, con esa pequena respiración inicial… Estas características únicas, son as que fazen con que sexa identificável perante os outros folións, e belísimo…
Ven Antroido, ven axiña, con mázcara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo.Veña: a corre-lo entruido e a fartar-se de filloas!
Un grande abrazo
(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis)
Deixa unha resposta