
Hoxe é domingo gordo, teñan cuidado co cabrito, coa androia, co cozido, cas filloas, cas orellas, co viño, coa caña e co café…por favor non se pasen…pero tampouco deixen de saborea-los, de degusta-los, de prova-los e de desfruta-los cos amigos, que este día só pasa unha vez!
Ritmo, prosodia e melodía están íntimamente unidos. Os nosos amigos Ricardo Marcos Casás e Alvaro Trillo nos mandaron un enlace a este video. Quer dicer: ritmo e melodia afinal, son a mesma cousa…o primeiro leva implícita a segunda. Ollen polo menos un minuto apartir do 24:16, onde se explica como as proporcións rítmicas e melódicas coinciden. É curiosa a semellanza entre as proporcións dunha polorritmia fácil de escoitar (semellante á nosa muiñeira) co “acorde maior”. As relacións entre fácil e consonancia:
E comparen agora cun padrón básico de muiñeira do folión de Mormentelos gravado no domingo gordo de 2018, en Vilariño de Conso (temo-lo escoitado tamén en Manzaneda): “As consonancias son só polirritmos que son fáceis de escoitar”
Este padrón hipnótico do folión de Mormentelos polas ruas de Vilariño de Conso é tamén “fácil” de escoitar, nos leva a un estado de transe e de serenidade, de consonancia comunal.
Comunidade… Que viva o entrudio!
Un grande abrazo
(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis)
Deixa unha resposta