(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis)
Ei-che de toca-las conchas/ miña carrapucheiriña/Ei-che de toca-las conchas/á túa cabeceiriña (Vida Gallega 1919)
As conchas son o logótipo mais perfeito que existe. Son a guía do peregrino Don Gaiferos, que bebe auga da cabaza. Todos os camiños converxen nun único ponto: Santiago de Compostela. O Camiño como auto-estrada de outrora, que por toda a parte nos trouxo Cultura, Música e Instrumentos aonde o mundo acaba; a este recuncho do planteta que se chama Finis-Terrae.
Marta do grupo Abrindo Rejo de Xaviña (Camariñas) é unha nena de 5 anos que toca as conchas para dentro. As conchas para tocar son habitualmente de vieiras, pero hoxe tamén se tocan conchas de zamburiñas, de volandeiras…Marta sabe. E é que as conchas poden-se tocar para dentro ou para fóra. Os que mais saben embora, preferen toca-las para dentro. Dizen que así para dentro, é como cortavan a erva antes co fouciño, como afiavan antes as ghadañas, como batían os ovos ou como tocavan as conchas…
Un grande abrazo
Deixa unha resposta