(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fiéis)
“Ventosela, Ventosela, muita chave na canaveira”
Un conto sobre Xan Míguez recuperado de “Vida Gallega. La ilustración gallega”. O célebre gaiteiro de Ventosela (1847-1912) Foi admirado polo seu virtuosismo e gañar muitos concursos, mais tamén criticado por incluir chaves no punteiro do instrumento, así como por tocar zarzuelas, fox-trot e repertorio bailável á moda da época:
“Y`aporposito, vouche á contar un caso que pasou fai uns quince anos n´a vila de Cangas, con motivo d´as festas d´o Santo Cristo.
Dous gaiteiros había contratados pro amenizaren aquelas festas: un era o tio Xaniño de Ventosela tan nomeado, porque n´hai no mundo quén co-a gaita faga os ripiniques qu´el fai, y´outro tamén bó de Moaña, chamado tío Chinto.

Dendes qu´o tio Xaniño botou ó-aire as pormeiras notas d´unha muiñeira faguendo mil gorgoriños co punteiro, á xente aclamouno, apraudiulle, y´en fin, aquilo chamábase triunfar. Mentras isto acontecía no adro, alá embaixo, na ribeira, non había xente qu´oucise ô tio Chinto,
Eston este que se tiña por un coloso no arte, dixo despreceando ô Xanciño:
-Pasa asin porque-á gaita do de Ventosela e manifica y´a miña e un traste vello.
Como queira qu´isto chegou os oidos d´o tio Xaniño, presentouse este á venderlle á sua gaita e no mesmo auto recibiu catro onzas, cargando co-a vella.
Todo contento o tio Chinto, escomezou á tocar, é ¡mal pocado!, pior qu´endinantes.
Forzado ó tio Xaniño á deixarse oucir co-a gaita vella, empezou repinicando de tal maneira qu`aquilo mesmo parescian reiseñores qu`entoaban un inno de contento co-seu melosiño canto; múseca d´os ánxeles que coroaban o seu novo trunfo. En vista d´esto, adiantouse á dondes estaba o tio Chinto e moi quediñamente, surrindo, dixolle preto d´o-oído:
-Ah burro-ó que vostede percisa é isto…y´amostraba-lle-as maus“
(texto José Abeijon Mora. Vida Gallega 1910)
Un grande abrazo

por el renombrado GAITERO VENTOSELA.
Con su cuarteto, premiado en toda España, París, Londres, Lisboa y en el teatro Victoria de Buenos Aires.
Dedicado especialmente a los socios de la Sociedad Española Primera de Socorros Mútuos y en beneficio a un artista
que forma parte del cuarteto que sufrió una gran enfermedad en esta ciudad.
PROGRAMA:
Primera parte:
1- Paso doble E descanso dominical.
2- En las selvas, tanda de valses.
3- Couplets del papay de la zarzuela El Perro Chico.
Segunda parte:
1- Alborada del maestro Veiga
2- Jota de la zarzuela Madrid Cómico
3- Muiñeira ata o Rofaixo Xoana
Precios de las localidades 0.30
Hora del concierto 8 y 30 p.m.
Nota: No se suspende la función por mal tiempo.
Fonte: Facebook Os Naviza através de Sito Miguez
A min soame: “Ventosela, Ventosela, muita chavería na canavería”
Pero igual non é así.
Efectivamente a min tamén me chegou o de “… moita chavería na canaveira”. E a información chegoume dos beizos do meu titor en COU no ano 1976/1977, e querido amigo, Xesús Alonso Montero quen, de certo, é en orixe de moi perto de Ventosela, por familia.
Pero é unha información de ouvidas.
Muitas grazas Xose Manuel, ainda agora vexo o comentario