(pode-se descarregar a partitura completa e as particellas de cada instrumento, premendo na pestana da direita do visor pdf. Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fieis)
A estes dous homiños corresponde-lles a autoría do hino galego. Á esquerda o poeta reintegracionista Eduardo Pondal Abente, o primeiro con consciencia lingüística real. Á direita Pascual Veiga Iglesias, músico mindoniense. Como figuras relevantes do “rexurdimento” xuntaron os seus talentos para compor o hino dos galegos, o único no mundo que comeza cunha pergunta:
Que din os rumorosos na costa verdecente, ó rayo trasparente, do prácido luar?
Sempre asociamos unha figura a unha imaxe, que gardamos na retina da memoria:
De Don Eduardo a miña imaxe é a dun macaco. Un macaco pequeno e de cauda longa. A familia de meu pai, tiña certa relación coa familia Abente. Eles viñan á nosa casa de visita e nós íamos a casa deles en Ponteceso, á fermosa casa de Don Eduardo ao pé do Anllóns. Os Abente mostraban-nos obxectos e escritos do vello poeta…pero o meu recordo infantil é que tiñan un macaco rebelde á solta entre os camelios do xardin, que era a alegria desa casa…
De Don Pascual a miña imaxe polo contrario é materno-filial, dunhas interminabeis viaxes a Ribadeo no citroën dian 6 da miña nai “para la gente encantadora”, que sempre renqueaba na curva de Mondoñedo, onde parábamos a ver os ala deltas malia a nevoa, e onde indefectibelmente había catro vellos sentados nun banco; e na lousa do velho cemitério o certeiro refrán que rezaba: “Aqui están os nosos ósos, esperando polos vosos”
Un grande abrazo
Este arranxo consta dunha leve adaptación para tres gaitas, e dunha composición orixinal para percusión tamboril/caixa, pandeireta e bombo, que respeita as dinámicas do tema non só na intensidade, mais tamén aproveitando os silencios percusivos.
Letra orixinal de 1890
- Que din os rumorosos
- Na costa verdecente,
- Ó rayo trasparente,
- Do prácido luar…?
- Que din as altas copas
- D’escuro arume arpado,
- Co seu ben compasado,
- Monótono fungar…?
- Do teu verdor cingido,
- É de benígnos astros,
- Confin dos verdes castros,
- E valeroso clán,
- Non dés a esquecemento,
- Da injuria o rudo encono;
- Despérta do teu sono,
- Fogar de Breogán.
- Os boos e generosos,
- A nosa voz entenden;
- E con arroubo atenden,
- O noso rouco son;
- Mas, sós os ignorantes,
- E férridos e duros,
- Imbéciles e escuros
- No-nos entenden, non.
- Os tempos son chegados,
- Dos bardos das edades,
- Q’as vosas vaguedades,
- Cumprido fin terán;
- Pois donde quer gigante,
- A nosa voz pregóa,
- A redenzón da bóa
- Nazón de Breogán.
Deixa unha resposta