(Agradece-se subscripción á newsletter: vostedes estarán informados e nós conseguiremos leitores fieis)
Hoxe imo-nos ollar o embigo porque temos un pequeno aniversario do blogue: Hai exactamente un mes que abrimos percusiongalega.com
Sen contar as estatísticas da primeira semana e sen contar o canal de youtoube, desde o 17 de Marzo de 2018 o google analytics informa-nos que tivemos un total de 3036 visitas de moi diferentes lugares, países e continentes:
A Coruña, Madrid, Vigo, Santiago, Lugo, Barcelona, Pontevedra, Narón, Ourense, Valladolid, Valencia, Sevilla, León, Bos Aires, Bilbao, Xenebra, Ponferrada, Xixón, Uvieu, Santander, Redlands, As Pontes, Burela, Huesca, Malaga, Las Arenas, Castellón de la Plana, Londres, Santa Ponsa, Rosario, Sao Paulo, Alicante, Benidorm, Granada, Avilés, Ibiza, Palma, Tarragona, Quezon City, San Diego, Coffeyville, Andorra la vella, Parana, Leuven, Brasilia, Rio de Janeiro, Portalegre, Toronto, Vevey, Zurich, Shangai, Bogotá, Berlin, Marbella, Badalona, Igualada, Mollet del Valles, Vilanova i la Geltru, El Puerto de Santa María, Avila, Burgos, Soria, Las Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, Mérida, Alcalá de Henares, Pozuelo de Alarcón, Torrejón de Ardoz, Melilla, Langreo, Salamanca, Segovia, Donosti, Gasteiz, Zaragoza, Edimburgo, Bergamo, Roma, Rotterdam, Zielona Gora, Braga, Lisboa, Paço de Arcos, Felgueiras, Porto, Anaheim, Santa Bárbara, Santa Mónica, Hialeah, Boston, Detroit, East Lansing, Asheville, New Braunfels, Ashburn, Lanus Oeste, Andoain, Arganda del Rey, Basauri, Ciudad Rodrigo, Irun, Jerez, Leioa, Palencia, Sant Pere de Ribes, Villanueva de la Cañada, Egypt Lake-Leto.
Hai dados curiosos que nos chaman a atención, como que o segundo lugar de onde recebemos mais visitas sexa Madrid, ou que o segundo país que mais nos visita sexa EEUU, e o terceiro Perú…
A todos os que nos visitaron e especialmente aos que nos revisitaron e ao público fiel subscrito a newsletter, muitas grazas!
Non puxemos landing page nen similar para captar subscriptores, eliminamos a publicidade que ven por defecto no youtoube: a súa atención anima a continuar.
Este blogue está aberto a colaboracións e mesmo a promocións de traballos relacionados que nos envíen.
Para celebrar o noso pequeno aniversario…hoxe desde Vega de Espinareda para o mundo… mandamos-lles esta humilde moliñeira que nos chama a atención con Dona Laura e
Un grande abrazo
Laura Osorio Abella – Moliñeira
Grabado en Valle de Finolledo, Vega de Espinareda el día 18 de agosto de 2015
Realización: Tiago Pereira
Sonido: Cláudia Faro
Producción: José Luis Gutiérrez García, Diego Bello Fernández & Denise Silva López
Por ser fiel nom ha um agasalho? kkkkkkkkkkk
Fazes um trabalho estupendo… é por isso que a gente gosta do teu trabalho… 😉
Um grande abraço
Grande abraço José